Código |
Descrición |
A1 |
Que as/os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e que se atopa a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo. |
A2 |
Que as/os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo. |
A3 |
Que as/os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética. |
A4 |
Que as/os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado coma non especializado. |
A5 |
Que as/os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía. |
B4 |
Adquirir as ferramentas e técnicas metodolóxicas básicas para o estudo e a análise lingüística e literaria. |
B5 |
Adquirir os coñecementos necesarios para a comprensión, desenvolvemento, análise, avaliación e aproveitamento para o futuro profesional dos recursos lingüísticos e literarios. |
B9 |
Planificar, estruturar e desenvolver ensaios escritos e presentacións orais nas diversas linguas estranxeiras, formulando hipóteses, utilizando unha metodoloxía apropiada para transmitir ideas de xeito eficaz e válido, seguindo as convencións académicas e empregando evidencias suficientes que corroboren os razoamentos expostos. |
B12 |
Ser competente para utilizar as novas tecnoloxías como recurso metodolóxico, de investigación, didáctico e de comunicación. |
C66 |
Ser capaces de reflexionar sobre a ontoloxía e función da literatura. |
C67 |
Saber apreciar a diferenza estética. |
C68 |
Saber relacionar os textos literarios co seu contexto. |
C69 |
Comentar textos literarios diversos relacionándoos co xénero a que correspondan e sabendo xustificar esa adscrición. |
C70 |
Comentar textos literarios en función de diversas orientacións metodolóxicas. |
C71 |
Ser capaces de ler textos de teoría da Literatura de orientacións teóricas diversas situándoos na que lles corresponda. |
C72 |
Ser capaces de expor oralmente de forma sintética a súa comprensión dos textos, literarios ou teóricos. |
C73 |
Ser capaces de apuntalos por escrito. |