A avaliación e conseguinte cualificación do traballo do alumnado levarase a cabo cun procedemento de avaliación continua de acordo coas metodoloxías e porcentaxes descritas máis arriba. Para obter o 20% establecido para os traballos de aula, atenderase a participación regular e activa na aula. A proba escrita realizarase na mesma data que a fixada no calendario de exames aprobado pola Xunta de FFT para a proba da avaliación única.
O alumnado que non se acolla ao sistema de avaliación continua e escolla a
avaliación única deberá realizar un exame escrito sobre os contidos da materia, que se realizará na data oficial fixada no calendario aprobado pola Xunta da FFT, e máis outro oral noutra data concertada co profesorado para superala: o primeiro cun valor do 80% e o segundo cun valor do 20% da nota. Tanto no caso da avaliación continua, como da avaliación única, a nota do exame escrito non deberá ser inferior a 4 para superar a materia. Para poder presentarse á proba oral (aviación única), é necesario haber alcanzado un mínimo de 4 na proba escrita.
SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS (XULLO)
Exame teórico-práctico escrito dos contidos do curso polo 100% da cualificación, que se realizará na data fixada no calendario de exames aprobado pola Xunta de FFT. Para o alumnado que durante o curso se acolleu á avaliación única este exame ten un valor do 80% da nota; este alumnado terá que facer tamén unha proba oral polo 20% da cualificación para superar a materia. A nota do exame escrito non deberá ser inferior a 4 para superar a materia. A proba oral realizarase nunha data concertada co profesorado. Para poder presentarse á proba oral (avaliación única), é necesario haber alcanzado un mínimo de 4 na proba escrita.
En calquera das convocatorias de exames, o profesorado pode esixir a realización dunha proba oral a aquel alumnado da avaliación continua que, segundo o seu criterio, non demostrara suficiente competencia na materia.