-Os alumnos de intercambio deben coñecer o idioma en que se imparte a materia para poder seguila.
-É responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades a través da plataforma FAITIC e estar ao tanto das datas nas que as probas de avaliación teñen lugar.
-A avaliación terá en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a súa corrección lingüística.
-A copia ou plaxio nos traballos ou no exame suporá un cero nesa proba. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá ó alumnado da súa responsabilidade neste aspecto. |