Código |
Descrición |
C1 |
Dotar os estudantes da formación e instrumentos necesarios para o desempeño competente de actividades de carácter profesional vinculadas á creatividade publicitaria. |
C5 |
Fomentar a capacidade analítica, crítica e reflexiva en relación á creatividade publicitaria, cun coñecemento teórico, técnico e estético sobre o panorama actual e as novas tendencias da dirección de arte en publicidade. |
C7 |
Coñecemento da dirección de arte en publicidade como unha disciplina profesional autónoma. |
C9 |
Coñecemento e identificación de recursos, elementos, métodos e procedementos utilizados en todo proceso de creatividade publicitaria. |
C11 |
Coñecementos básicos para situar a actividade publicitaria nun contexto de competencia local, nacional e internacional, incidindo na importancia das técnicas creativas como un activo publicitario diferencial. |
C19 |
Capacidade para coordinar equipos e liderar a creación de campañas publicitarias desde o punto de vista creativo. |