Guia docente 2018_19
Facultade de CC. Sociais e da Comunicación
Grao en Dirección e Xestión Pública
 Subjects
  Public accounting
   Methodologies
Methodologies   ::  Teaching methodology guide
  Description
Lecturing O profesor explicará os contidos de cada tema que considere máis relevantes. É necesario que os alumnos/as completen dita explicación utilizando as fontes de información que figurarán en cada tema do programa da materia.

Group tutoring Peza fundamental no novo sistema de aprendizaxe; aclararanse dúbidas xurdidas nas clases presenciais, ademais farase un seguimento dos traballos en equipo.

Laboratory practices Ditas clases están pensadas como un complemento ás explicacións teóricas.
As clases prácticas están estruturadas como: prácticas de aula e prácticas de computador.
As prácticas de aula están dedicadas á resolución de exercicios tipo. É necesario que o alumno/a complete a súa formación práctica coa resolución de distintos supostos que lle serán entregados antes da explicación de cada tema. As dúbidas serán resoltas ben en tutorías personalizadas ou nalgúns casos na clase práctica.
É fundamental que o alumno resolva algún tipo de exercicios utilizando ferramentas informáticas (programas específicos, excel, etc.)

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000