Presentación |
Valorarase a capacidade de redacción de traballos e a súa presentación pública (individual ou en grupo), con criterios como a orixinalidade, o manexo de fontes, o establecemento de elementos relacionais con outros aspectos do programa e a capacidade de establecer comparacións con outros sistemas políticos |
Ata 40 |
A1 A2 A3 A4 A5
|
B2 B3 B5 B7
|
C10
|
D1 D8 D9
|
Exame de preguntas de desenvolvemento |
Valorarase a capacidade de expresión escrita, a capacidade de síntese conceptual e a capacidade de relación entre ámbitos temáticos do programa |
Ata 40 |
A1 A2 A3 A4 A5
|
B2 B3 B5 B7
|
C10
|
D1 D8 D9
|
Este modelo de avaliación e as súas metodoloxías serán aplicables para os estudantes que escollan a opción de presencialidade. Os criterios de avaliación serán idénticos para as dúas probas/convocatorias do curso. O alumnado da modalidade semipresencial rexerase polos criterios establecidos no Regulamento da Modalidade Semipresencial aos efectos da docencia e da avaliación. Concretamente, na materia "Sistema político español e galego", quen opte pola avaliación continua a través dos diferentes foros de debate ou discusión que se formularán ao longo do semestre poderá acadar ata un 40% da cualificación final e o 60% restante na proba final. En todo o demais terán validez os criterios establecidos nesta guía. |