Resolución de problemas de forma autónoma |
Evaluación dos trabajos entregados na plataforma docente. |
20 |
|
B4 B5
|
C26
|
D1 D5 D6
|
A información sobre as actividades avaliativas está dispoñible no espazo da materia en Faitic, baixo a etiqueta "Avaliación". Esta materia impártese en réxime PRESENCIAL polo que os alumnos deben asistir as sesións teóricas e prácticas no horario establecido polo centro. Isto supón que o único sistema de avaliación é o contemplado nesta guía. O sistema de avaliación da materia apóiase en dous elementos: 1) Superación da parte práctica, coa realización das actividades programadas, a asistencia ás clases e a participación nas mesmas. A calificación será de máximo 3 puntos e non poderá ser mellorada para a convocatoria de xullo xa que proceden do traballo desenvolvido durante o curso.
2) Superación da parte teórica, mediante un examen escrito que se realizará en a data sinalada polo centro. A puntuación máxima será de 7 puntos.
Os alumnos ós que lles resulte imposible asistir a as clases prácticas deberán poñerse en contacto co profesor durante a primeira quincena de curso.
Para aprobar a materia é necesario obter polo menos unha cualificación de 3,5 puntos no exame da parte teórica. No caso de non superar esta calificación non se sumará ao exame a cualificación das prácticas.
O alumno terá a opción de presentarse á convocatoria de xuño-xullo. Na convocatoria de XULLO /EXTRAORDINARIA a forma de avaliación é a mesma que na primeira. A cualificación da parte práctica conservarase en tódalas convocatorias dese curso académico. Con todo, si a materia non é superada neste curso académico, o alumno deberá cursarla novamente adaptándose á guía docente que estea vixente e non se conservará ningunha de as cualificacións obtidas no curso anterior. |