Ao alumnado que teña unha asistencia regular (mínimo de 60% das clases impartidas) aplicaránselle os seguintes criterios de avaliación: a) Por asistencia: ata un 40% da cualificación de acordo co nivel de asistencia, sempre por enriba do 60% das clases impartidas. b) Elaboración dunha recensión crítica a partir dun texto ou textos proporcionados polo docente, cunha extensión mínima de 5 páxinas. Suporá ata un 30% da cualificación. c) Presentación dun traballo de investigación ao redor dalgún tópico da música histórica ou actual, no que se porá de manifesto a análise e valoración da función social da música. Suporá ata un 30% da cualificación. As persoas que non teñan unha asistencia regular ás clases, entendendo como tal un mínimo dun 60% das mesmas, deberán presentar os traballos indicados nos puntos b e c anteriores, que neste caso ponderarán o 50% da cualificación, cada un.
De non ter superada a materia na primeira convocatoria, as competencias non adquiridas serán avaliadas na convocatoria de xullo.
As datas oficiais dos exames pódense consultar na web da facultade na ligazón correspondente: http://fceed.uvigo.es/gl/docencia/exames |