Esta materia proporcionaralle ao futuro docente coñecementos científicos, estratexias e recursos para favorecer o desenvolvemento da competencia comunicativa do alumnado de Educación Infantil. Ademais adquiriranse as habilidades necesarias para un bo rendemento en lectoescritura e para axudar a descubrir a maxia que esconde un texto literario. Esta materia presta especial atención á capacidade creativa da linguaxe, co fin de promover o gusto pola beleza da palabra e o deleite ante a creación de mundos de ficción.