Didáctica dos procesos de ensino-aprendizaxe na actividade física e o deporte I
Código
P02G050V01501
Titulación
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
Descritores
Cr.totais
Sinale
Curso
Cuadrimestre
6
OB
3
1c
Lingua de impartición
Galego
Prerrequisitos
Departamento
Didácticas especiais
Coordinador/a
Rey Cao, Ana Isabel
Correo-e
anacao@uvigo.es
Profesorado
Rey Cao, Ana Isabel
Web
Descrición xeral
A didáctica é o ramo das Ciencias da Educación que ten por obxecto a optimización do proceso ensino-aprendizaxe (E-A).
O obxectivo fundamental desta materia é facilitar ao alumnado os coñecementos básicos para desenvolver con rigor didáctico a programación dun proceso de ensino-aprendizaxe a través das prácticas corporais.
A Didáctica é un contido transversal indispensábel para a práctica profesional das graduadas e graduados en Ciencias da Actividade Física e o Deporte. Está presente en todo proceso de E-A, con independencia do ámbito onde se desenvolva: rendemento deportivo, ocio, educación ou saúde.
Nesta aproximación inicial (no segundo cuadrimestre do mesmo curso impártese Didáctica dos procesos de ensino-aprendizaxe na actividade física e o deporte II) abórdanse os principais elementos do sistema que constitúe unha programación educativa. A materia aporta as ferramentas coas que posteriormente poder adaptarse a calquer proceso de ensino-aprendizaxe en contextos non formais (docencia en actividades extraescolares, escolas deportivas, asociacións, centros socioculturais, academias, etc.) e formais (educación física escolar).
A materia céntrase na dimensión máis instructiva dos procesos de E-A, no deseño e orquestación das tarefas de E-A para a optimización da presentación dos contidos en coherencia coas competencias, obxectivos; e os métodos de control da disciplina, espazo e comunicación.