Prácticas autónomas a través de TIC |
Metodoloxía de traballo grupal.
Consiste en actividades en grupo co computador para a análise de datos, centrados na aplicación e interpretación dos conceptos e técnicas estatísticas de cada tema.
Actividades en grupo co computador sobre artigos de investigación do ámbito da Actividade Física e o Deporte, para a súa análise e comprensión en relación á estructuración da investigación (obxectivos, metodoloxía e resultados) e ás técnicas estatísticas utilizadas.
|
Prácticas en aulas informáticas |
Traballo dirixido polo profesor.
Consiste no manexo de software estatístico para a análise de datos por parte de cada alumno. Fundamentalmente usaranse EXCEL ou CALC, e R Commander.
En cada tema, traballarase sobre o computador seguindo un guión para aprender a aplicación, cálculo e interpretación dos conceptos e técnicas básicas de estatística sobre arquivos de datos, a maioría reais.
Respecto ao tema 1, as prácticas céntranse na análise de artigos de investigación: tipo de investigación, estrutura: hipótese, metodoloxías, resultados e conclusións.
|