Lección maxistral |
Os alumnos e alumnas teñen a posibilidade de presentar as súas dúbidas. O profesor atendendo as súas solicitudes, repasará conceptos, proporá novos exemplos ... Así mesmo, os estudantes poderán revisar a cualificación obtida na proba final escrita e demais traballos que deban presentar, comprobando que ésta se axusta aos criterios de avaliación establecidos na guía docente. |
|
Traballos de aula |
Nestas sesións en grupos reducidos, resolveranse de forma individualizada as dúbidas formuladas polo alumnado, en especial cando sexan comúns a varios alumnos e alumnas ou ilustren un caso interesante. Se a cuestión é máis particular ou non queda resolta para algún estudante, trataríase tamén nas horas de titoría (individual ou grupal). |
|