A docencia da materia lévase a cabo utilizando a plataforma docente Moodle e, de maneira presencial, participando nas actividades docentes a través de videoconferencia ou a través de ferramentas de conexión remota sincrónica (como Adobe Connect). Para poder recibir a docencia de maneira efectiva, recoméndase, previamente ao inicio da materia, consultar o manual de acceso á plataforma e seguir as especificacións técnicas para poder asistir ás sesións remotas. Esta información está disponible no espazo común do máster. É imprescindibel que o alumno acceda á plataforma docente da materia previamente ao inicio da mesma.
Coa finalidade de complementar a actividade docente, aportaranse diversos recursos (materiais audiovisuais, documentos,enlaces, etc) a través da plataforma de teledocencia. |