Guia docente 2018_19
Facultade de Historia
Máster Universitario en Valoración, xestión e protección do patrimonio cultural
 Materias
  Caracterización e Documentación Histórico-Artística
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Para a avaliación das competencias e coñecementos adquiridos nos temas 2, 3 e 4, o alumnado realizará de forma autónoma seis exercicios concebidos como etapas previas para a elaboración do estudo de caso, que se entregarán no curso virtual creado na plataforma Moodle. Valorarase positivamente a participación activa e individual a través de medios telemáticos.

Os resultados da aprendizaxe avaliados son:
Esta materia ten como obxectivo dotar ao alumnado das ferramentas necesarias para consuta de fontes bibliográficas e documentais de arquivo, gráficas e fotográficas relacionadas cun ben ou conxunto de bens e a realización de informes histórico-artísticos.
50 C11
C14
D2
D8
Estudo de casos Análise dun problema ou caso real coa finalidade de que o alumnado demostre o dominio das ferramentas necesarias para a busca e consulta de fontes bibliográficas e documentais de arquivo, gráficas e fotográficas, relacionadas cun ben ou conxunto de bens culturais.

Os resultados da aprendizaxe avaliados son: Esta materia ten como obxectivo dotar ao alumnado das ferramentas necesarias para consulta de fontes bibliográficas e documentais de arquivo, gráficas e fotográficas relacionadas cun ben ou conxunto de bens e a realización de informes histórico-artísticos.
50 A4
B1
C1
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
<p>Cada estudante, segundo a normativa vixente, ten dúas
convocatorias de avaliación.</p><p>A primeira lévase a cabo durante o cuadrimestre de docencia.
En primeiro lugar, ao longo das semanas de docencia da materia, mediante a
entrega das actividades de avaliación requeridas. No caso de que as semanas de
docencia da materia non sexan suficientes para a entrega de todos os traballos
previstos, habilitaranse na plataforma de docencia dúas semanas adicionais, ao
final do cuadrimestre, para facilitar a devandita entrega, establecéndose neste
caso un cronograma alternativo de entrega de tarefas.</p><p>

A segunda
avaliación realízase no mes de xullo, para o cal habilitarase de novo o acceso
á plataforma docente.</p>
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000