Guia docente 2018_19
Facultade de Historia
Máster Universitario en Valoración, xestión e protección do patrimonio cultural
 Materias
  Protección Xurídica do Patrimonio Cultural
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Estudo de casos Realizaranse os traballos e proxectos propostos pola docente, utilizando ferramentas de entrega remota na data indicada e cuxa información estará desde o principio do curso dispoñible na plataforma Faitic en http://faitic.uvigo.es.
O resultado de aprendizaxe avaliado é: Capacitar ao alumno para desenvolver proxectos e traballos no ámbito patrimonial con suficentes coñecementos legais, a través de clases eminentemente prácticas.
50 C3
C4
Resolución de problemas Realizaranse probas de avaliación on-line (probas tipo test), sobre os contidos da materia (temas 1 e 2) na na data indicada e cuxa información estará desde o principio do curso dispoñible na plataforma Faitic en http://faitic.uvigo.es.
O resultado da aprendizaxe avaliado é: Comprender os conceptos chave na contorna do patrimonio, a nivelxurídico, para a súa formación académica e o seu desenrolo profesional a través de unha síntee coherente e ordeada do abundoso e disperso corpus legal neste ámbito.
30 B1
D1
Prácticas autónomas a través de TIC Realizarase un seguimento individualizado do alumnado, valorándose a súa participación activa nas actividades da materia a través de medios telemáticos, a resolución de prácticas voluntarias, así como o interese e a aptitude en relación coa aprendizaxe da materia.
O resultado de aprendizaxe avaliado é: Capacitar ao alumno para desenvolver proxectos e traballos no ámbito patrimonial con suficentes coñecementos legais, a través de clases eminentemente prácticas.
20 A4
D9
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Para a culminación exitosa da materia, é recomendable o seguimento do cronograma que estará accesible ao comezo do Máster (Faitic), o cal facilitará a debida realización das actividades planificadas pola docente.

Non se avaliará ningunha actividade nin traballo presentado fóra de prazo.

É recomendable formular calquera dúbida á docente da materia para poder emendala o máis axiña posible e non esperar ao límite da data de entrega.

O alumno, segundo a normativa vixente, ten dúas convocatorias de avaliación. A primeira leva a cabo durante o primeiro cuadrimestre de docencia. No caso de que as semanas de docencia non sexan suficientes para a entrega dos traballos previstos, habilitarase a plataforma de docencia dúas semanas, ao final do cuadrimestre, para facilitar a dita entrega, establecéndose neste caso un cronograma alternativo de tarefas. A segunda avaliación realízase no mes de Xullo, para o que se habilitará de novo o acceso á plataforma docente. A avaliación da convocatoria ordinaria e a segunda convocatoria realizarase de igual modo, cos mesmos requisitos.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000