Seminario |
TODO O ALUMNADO: Análise individual do material práctico subido a plataforma, na súa maioría textos clásicos que fan referencia á teoría impartida.
ALUMNADO PRESENCIAL: Trátase de realizar un debate sobre o texto, analizando e interpretando esa fonte primaria. Así mesmo, se deberá entregar un título e un resumo das ideas principais e secundarias.
ALUMNADO SEMIPRESENCIAL: A reflexión, a partir do mataerial teórico, farase por escrito, e entregarse no apartado de tarefas da plataforma Moodle. As dúbidas poden ser consultadas polas vías explícitas no apartado de atención personalizada. Máxima extensión dúas carillas A4. |
Traballo tutelado |
TODO O ALUMNADO:
A escoller un tema relacionado coa relixión de Exipto ou Grecia.
|
Actividades introdutorias |
TODO O ALUMNADO: Realización dun cuestionario (subido á plataforma) para autoavaliar os coñecementos previos sobre a Historia Antiga.
ALUMNADO PRESENCIAL: Debate na aula sobre os coñecementos previos sobre a Historia Antiga e aclaración dos aspectos básicos.
ALUMNADO SEMPRESENCIAL: Debate en e-meeting sobre os coñecementos previos sobre a Historia Antiga e aclaración dos aspectos básicos. |