Esta materia persegue que o alumno sexa capaz de identificar as súas principais cualidades e algunhas das súas carencias para a optimización do seu potencial como directivo e, á vez, adquirir as competencias e habilidades necesarias para destacar no seu día a día como traballador e xestor de equipos de persoas. Neste sentido, os estudantes abordarán as dificultades máis frecuentes ás que se enfrontan en cuestións de comunicación, adestrarán para a realización de presentacións efectivas e desenvolverán unha orientación e capacidade colaborativa na resolución de procesos de negociación.