Guia docente 2017_18
Instituto de Educación Superior Intercontinental de la Empresa (Ieside)
Máster Universitario en Dirección e Administración de Empresas (MBA)
 Materias
  Habilidades Directivas
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Presentacións/exposicións Exposición por parte do alumnado ante o docente e/ou un grupo de estudantes dun tema sobre contidos da materia ou dos resultados dun traballo, exercicio, proxecto... Pódese levar a cabo de maneira individual ou en grupo.
Estudos/actividades previas Procura, lectura e traballo de documentación, propostas de resolución de problemas e/ou exercicios que se realizarán na aula e/ou laboratorio… de forma autónoma por parte do alumnado.
Metodoloxías integradas Ensino baseado en proxectos de aprendizaxe: Método no que os estudantes levan a cabo a realización dun proxecto nun tempo determinado para resolver un problema ou abordar unha tarefa mediante a planificación, deseño e realización dunha serie de actividades.

Aprendizaxe baseada en problemas (ABP): Método de ensino-aprendizaxe cuxo punto de partida é un problema que, deseñado polo profesor, o estudante ha de resolver para desenvolver determinadas competencias previamente definidas.

Metodoloxías baseadas en investigación

Aprendizaxe colaborativo: Enfoque interactivo de organización do traballo na aula no cal os alumnos son responsables da súa aprendizaxe e do dos seus compañeiros nunha estratexia de corresponsabilidade para alcanzar metas e incentivos grupais.
Resolución de problemas e /ou exercicios de forma autónoma Actividade na que se formulan problemas e/ou exercicios relacionados coa materia. O alumno debe desenvolver a análise e resolución dos problemas e/ou exercicios de forma autónoma.
Lección maxistral Exposición por parte do profesor dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e/ou directrices dun traballo, exercicio ou proxecto a desenvolver polo estudante.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000