Esta materia centrarase na análise, desde un punto de vista enminentemente práctico, dos impostos que máis afectan os empresarios e as empresas permitindo ao estudantado determinar en cada operación que impostos ven afectados.
Prestarase unha especial atención ao Imposto sobre o Valor Engadido (IVE) e, principalmente, ao Imposto sobre Sociedades (IS) de modo que o estudante poida con certa facilidade e axilidade realizar ao finalizar o curso, a liquidación do IS de calquera empresa.