Prácticas de laboratorio |
A efectos prácticos non se establece distinción entre prácticas de laboratorio e tutorías en grupo, xa que van asociadas, na maioría das ocasións. Para a valoración teranse en conta as actividades realizadas, como son: desenvolvemento de temas mediante o uso de material bibliográfico, análise e comentario de temas de actualidade relacionados coa materia, participación activa no desenvolvemento da materia, realización de probas curtas, entre outras. |
50 |
|
B1 B2 B5 B8 B9 B13 B14
|
C2 C12 C13 C14 C16
|
D1 D5
|
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. |
Exame final da materia con preguntas teóricas e de contido práctico. |
50 |
|
B13 B14
|
C2 C12
|
D5
|
A asistencia ás clases é un compoñente esencial da avaliación e, por tanto, é obrigatoria.
Todas as faltas serán tidas en conta para o cálculo das penalizacións, aínda que estas fosen xustificadas.
As penalizacións serán de aplicación en cada materia, en función dos seguintes baremos: - A non asistencia a máis do 10% das horas lectivas, penalizarase cunha redución dun terzo na avaliación continua da materia. - A non asistencia a máis do 20% das horas lectivas, penalizarase cunha redución de dous terzos na avaliación continua da materia. - A non asistencia a máis do 30% das horas lectivas, penalizarase cun cero na avaliación continua da materia.
A nota obtida na avaliación continua (50% da nota final) manterase en todas as oportunidades de exame do ano académico 2017/2018.
Para os estudantes que se matriculen na convocatoria de Fin de Carreira (que teñen 24 ECTS pendentes de cursos anteriores, con materias cursadas pero non aprobadas) só se terá en conta a nota do exame.
A corrección dos exames finais será “cega”.
As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Centro para o curso 2017/2018.
No caso de conflito ou disparidade entre as datas dos exames prevalecerán as sinaladas na páxina web da Facultade. |