O obxectivo xeral da materia é, unha vez dominados os fundamentos metodolóxicos da Contabilidade, as ferramentas da técnica contable e as normas de valoración elementais, profundar nas normas de elaboración da información contable plasmada nas contas anuais, co obxecto de que estas se convertan nun útil instrumento á hora de tomar decisións no ámbito empresarial. Con todo isto o estudante terá un coñecemento do modelo contable español.