Educational guide 2017_18
Instituto de Educación Superior Intercontinental da Empresa (Ieside)
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Estatística: Estatística
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Probas curtas realizadas ao final de cada tema e que facilitarán o seguimento do alumno. 20 B3
B13
B14
C7
C9
C10
C12
D3
D4
D5
Traballo tutelado Realización e exposición dun traballo proposto segundo as directrices do profesor. Avaliarase a comprensión da materia e a capacidade de transmisión de contidos. 20 B1
B2
B3
B14
C7
C9
C10
C16
D3
D4
D5
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Probas para a avaliación que inclúen actividades, problemas ou exercicios prácticos a resolver. Os estudantes deben dar resposta á actividade exposta, aplicando os coñecementos teóricos e prácticos da materia. 60 B1
B2
B3
B13
B14
C7
C9
C10
C12
D3
D4
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Para superar a materia requírese obter unha puntuación mínima de 3 no exame final (puntuado sobre 10).

A asistencia ás clases é un compoñente esencial da avaliación e, por tanto, é obrigatoria. Todas as faltas serán tidas en conta para o cálculo das penalizacións, aínda que estas fosen xustificadas.

As penalizacións serán de aplicación en cada materia, en función dos seguintes baremos:

- A non asistencia a máis do 10% das horas lectivas, penalizarase cunha redución dun terzo na avaliación continua da materia.
- A non asistencia a máis do 20% das horas lectivas, penalizarase cunha redución de dous terzos na avaliación continua da materia.
- A non asistencia a máis do 30% das horas lectivas, penalizarase cun cero na avaliación continua da materia.

A nota obtida na avaliación continua (40% da nota final) manterase en todas as oportunidades de exame do ano académico 2017/2018.

Para os estudantes que se matriculen na convocatoria de Fin de Carreira (que teñen 24 ECTS pendentes de cursos anteriores, con materias cursadas pero non aprobadas) só se terá en conta a nota do exame.

As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Centro para o curso 2017/2018.

No caso de conflito ou disparidade entre as datas dos exames prevalecerán as sinaladas na páxina web da Facultade.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000