Educational guide 2017_18
Instituto de Educación Superior Intercontinental da Empresa (Ieside)
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Estatística: Estatística
   Resultados de aprendizaxe
Resultados previstos na materia Resultados de Formación e Aprendizaxe
Ser capaz de identificar os aspectos estatísticos dentro dun problema empírico e elaborar conclusións a partir da información existente aplicando os conceptos estudados na materia. Coñecer, saber, aplicar e interpretar correctamente as técnicas descritivas e de cálculo de probabilidades e valorar o seu interese como ferramenta fundamental na análise de datos. C7
C9
C10
Solucionar de maneira eficaz problemas e cuestións de cada un dos temas do programa utilizando os métodos cuantitativos adecuados. C12
Coñecer a importancia da información e ser capaz de valorala e clasificala en cada ámbito de decisión. Saber aplicar e interpretar correctamente as técnicas descritivas básicas para a análise de variables unidimensionales e bidimensionales. C12
C16
Introducir aos estudantes no manexo de paquetes informáticos relacionados coa Estatística. Desta maneira, favorecer unha actitude positiva cara ao cuantitativo, en xeral, e a estatística, en particular, así como o manexo informático. B3
Fomentar a sensibilidade cara aos valores propios do pensamento científico, favorecendo as actitudes asociadas ao uso e desenvolvemento de métodos estatísticos, tales como: o cuestionamiento de ideas intuitivas, a análise crítica das afirmacións, a necesidade de verificación, a capacidade de análise e síntese ou a toma de decisións racionais. B1
B2
B13
B14
Potenciar unha actitude de compromiso ético, incidindo no relativo á obtención de datos, á non manipulación de resultados, a non copiar dos estudos doutros ou a aproveitarse dos seus traballos. D3
D4
Espertar o gusto polo uso da Estatística, véndoa como unha ferramenta que permite aprender máis sobre o propio campo de coñecemento e iniciarse na realización de investigacións propias. D5
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000