Guia docente 2017_18
Instituto de Educación Superior Intercontinental da Empresa (Ieside)
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Economía: Economía española e mundial
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral En cada sesión o profesorado desenvolverá os contidos do Programa. O punto de partida serán as preguntas destacadas en cada tema tendo en consideración, ademáis, os resultados e conclusións que se vaian acadando simultaneamente nos traballos propostos na aula.
Traballos de aula O estudantado realizará exercicios, lecturas, pequenos traballos que o profesorado propoña relacionados co temario. Se trata de que aprenda a manexar, organizar, sintetizar e interpretar os principais conceptos e indicadores da economía. Realizarán presentacións ante os compañeiros para explicar, xustificar e comunicar as conclusións.
Traballo tutelado En pequenos grupos e a proposta do profesorado, realizarán un traballo dun tema específico relacionado coa materia. Terán que poñer en práctica a búsqueda de fontes de información, síntese, redacción, conclusións, traballo en grupo e presentación ante os compañeiros do mesmo, respostando ás preguntas do profesorado.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000