Esta materia pretende:
Mostrar aos estudantes os cambios económicos, industriais e organizativos ao longo da historia, usando ferramentas teóricas e empíricas doutras ramas da economía e de ciencias sociais próximas.
Analizar o desenvolvemento da economía internacional e as grandes fases do crecemento económico moderno.
Observar e analizar os efectos de acontecementos cruciais.
Investigar as implicacións dos cambios nas institucións económicas de carácter global —por exemplo, o patrón ouro, os bloques comerciais ou o FMI— e os efectos do cambio tecnolóxico no curto, medio e longo prazo.