Rotatorio de prácticas preprofesionais que permitan a aplicación e a adquisición de competencias dos coñecementos teóricos e metodolóxicos da Enfermaría na práctica clínica en áreas de hospitalización, servizos especiais e institucións sociosanitarias. |
Realización das actividades referidas aos periodos de prácticas clínicas nos correspondentes servizos asistenciais, aplicando coidados de enfermaría básicos e especializados, segundo as necesidades individuais de cada paciente, así como técnicas e procedementos correspondentes.
Realización do cartafol-memoria do estudante en cada periodo.
Elaboración de Plans de Coidados (PAE) en hospitalización. |