Prácticas de laboratorio |
Os alumnos realizarán diversas prácticas de laboratorio e de campo. Ao finalizar as diversas prácticas e nas datas indicadas polos profesores deberán entregar os informes de prácticas |
10 |
|
B3 B4
|
|
|
Resolución de problemas e/ou exercicios |
Esta materia é principalmente práctica, polo que o mellor sistema para avaliar os coñecementos do alumno é mediante a resolución de problemas. |
40 |
|
B3 B4
|
C19
|
D2
|
Avaliación continua: Todos os alumnos serán
avaliados de maneira continua mediante o seguinte procedemento: - Desenvolvo dun traballo tutelado: Ao longo do
cuadrimestre os alumnos deberán realizar en grupo un traballo
tutelado no que utilizarán os diferentes coñecementos que están
a adquirir na materia. O profesor planificará seminarios de seguimento
do traballo no que se avaliará o estado do mesmo. As
avaliacións parciais do traballo realizado durante o curso así como a
avaliación da presentación final do traballo (memoria e presentación)
constitúe un 20% da nota da materia correspondendo un 10% á
memoria e un 10% á presentación. - Prácticas de laboratorio e saídas de estudos:
Durante o cuadrimestre os alumnos realizarán prácticas de laboratorio
e saídas de estudos que suporán un 20% da nota
final de materia. A nota total das prácticas e saídas de estudo calcularase
da seguinte maneira: 50% do valor da nota corresponderá á
presentación das prácticas e saídas de estudo, 25% á memoria
prácticas e outro 25% á asistencia ás mesmas. Requírese unha
asistencia mínima ao 90% das prácticas e saídas da materia para
ter dereito á avaliación das mesmas. En caso contrario procederase
a considerar suspenso este apartado e por tanto a materia. Nota
Final: Para superar a
materia, o alumno terá que alcanzar unha nota mínima (50% da nota máxima)
en cada unha das partes da materia: traballo tutelado,
prácticas/saídas de estudos e exame. A nota final será a suma das
cualificacións obtidas en cada apartado. Segunda convocatoria: Na segunda
convocatoria, manterase a cualificación obtida nos diferentes apartados
a condición de que alcanzase o 50% da nota máxima. Renuncia avaliación
continuaSe ao alumno élle
concedida a renuncia á avaliación continua unicamente será avaliado polo
exame que será o 100% da nota. Compromiso ético: Espérase que os alumnos teñan un
comportamento ético adecuado. Se se detecta un comportamento pouco ético
(copia, plaxio, uso de dispositivos electrónicos non autorizados, por exemplo) considerarase que o estudante
non cumpre cos requisitos para
superar a materia. Nese caso a cualificación global no
ano académico será suspenso (0,0). Non se permitirá o uso de ningún dispositivo electrónico durante as probas de avaliación salvo autorización
expresa. O feito de introducir
un dispositivo electrónico non autorizado
na aula do exame considerarase
motivo de non superación da materia
no curso académico e a cualificación global será suspenso (0,0). |