Se non se cumpre algunha das condicións anteriores, a cualificación que figurará na acta será a cualificación ponderada do apartado de probas.
- Acadar unha puntuación mínima de 5.0 na suma ponderada de todos os apartados (resolución de problemas e/ou exercicios, probas de resposta curta, traballos e proxectos).
A cualificación final do estudantado que supere a materia poderá ser normalizada de xeito que a cualificación mais alta poda acadar un valor de ata 10 puntos.
A participación do
estudante nalgún dos actos de avaliación da materia implicará a condición de
“presentado/a” e, polo tanto, a asignación dunha cualificación. Considéranse
actos de avaliación a asistencia a clases prácticas de laboratorio (25% ou
mais) ou a
entrega de traballos/exercicios encargados polo profesorado (25% ou mais) ou a realización de algunha proba.
Alumnado de 2ª e posteriores matrículas. A aqueles estudantes que aprobaron as prácticas de laboratorio nos cursos 2014-15, 2015-16 ou fosen avaliados con APTO no curso 2016-17 outorgaráselles mención de APTO no seguimento do traballo de laboratorio no curso académico 2017-18, non sendo necesaria a realización do traballo experimental novamente. Con todo, deberán realizar o informe do proxecto (15%) e a proba escrita da parte experimental (15%) para conseguir a cualificación correspondente á parte experimental da materia no curso académico 2017-18.
AVALIACIÓN EN XULLO
Poderá recuperarse o 45% do apartado Probas de resposta curta, do seguinte xeito:
- Probas (30%). Realizarase unha proba global na que se avaliarán as competencias adquiridas nos aspectos teóricos da materia. Deberá acadarse unha cualificación mínima de 4 puntos sobre 10 para que se teña en conta o resultado desta proba na cualificación global da materia. Este resultado substituirá ás dúas peores cualificacións das tres probas teóricas realizadas durante o cuadrimestre (primeira proba, segunda proba e proba global), conservándose a cualificación mais alta das tres, sempre que supere o mínimo esixido.
- Proba escrita da parte experimental (15%). Deberá acadarse unha cualificación mínima de 3 puntos sobre 10. A nova cualificación substituirá á acadada na proba escrita da parte experimental de fin de cuadrimestre.
A cualificación final será a suma ponderada de todos os apartados (resolución de problemas e/ou exercicios, probas de resposta curta, traballos e proxectos), sempre que se superen os mínimos esixidos. De non ser o caso, a cualificación que figurará na acta será a cualificación ponderada do apartado de probas. No caso de que esta cualificación sexa inferior á obtida na avaliación de fin de cuadrimestre, a cualificación que figurará na acta será esta última.