Seminario |
Cada semana dedicaranse dúas horas á resolución dalgúns problemas ou exercicios propostos relacionados coa materia. Estes exercicios serán entregados previamente ao alumno a través da plataforma Tem@ esperando que o alumno os traballe.
Nestas clases poderanse recoller cuestións ou problemas curtos para realizar un seguimento do avance dos alumnos. |