Estudo de casos/análises de situacións |
Ao longo do curso proporase a resolución de 2 casos. A puntuación máxima correspondente a este epígrafe é 2 puntos.
Os resultados de aprendizaxe que se avalían son:
Dominar a terminoloxía que se emprega na industria e tecnoloxía mineiras.
Interpretar e elaborar un plan de labores de unha mina a ceo aberto.
Coñecer os métodos de explotación en minería a ceo aberto convencionais e as súas características básicas.
Deseñar o oco mineiro final dunha explotación para casos sinxelos
|
20 |
|
|
|
D1 D2 D3
|
Para superar a materia é necesario acadar unha puntuación mínima de 5 puntos sobre 10. Para sumar a puntuación obtida na avaliación da sesión maxistral, a resolución de problemas e o estudo de casos é necesario acadar a puntuación mínima requerida nos dous primeiros apartados. Estas condicións de avaliación continua e calificación son aplicables para a primeira convocatoria ordinaria de avaliación. Os estudantes que non acaden a puntuación mínima requerida nalgún dos epígrafes de avaliación de sesión maxistral ou resolución de problemas na primeira convocatoria ordinaria optarán ao sistema de avaliación da convocatoria extraordinaria de xullo. Neste caso avaliaránse nunha proba única escrita estes dous apartados, gardándose a puntuación obtida do epígrafe de estudo de casos, de houbela. A proba escrita terá unha puntuación máxima de 8 puntos e manteranse os criterios de puntuación e os mínimos requeridos dos epígrafes da sesión maxistral e resolución de problemas. Calendario de exames: - Convocatoria Fin de Carreira: 11/09/2017 - Convocatoria ordinaria 1º período: 11/01/2018 - Convocatoria extraordinaria xullo: 25/06/2018 Esta información pódese verificar/consultar de forma actualizada na páxina web do centro:
http://minasyenergia.uvigo.es/gl/docencia/exames
|