MÉTODO DOCENTE E SISTEMA DE AVALIACIÓN: Bolonia é un sistema baseado na práctica. Nas clases teóricas explícase a teoría indispensable para a realización de problemas. Por tanto son clases prácticas onde se resolven casos (problemas). A súa asistencia é altamente recomendable. Existe control de asistencia con fins estatísticos. EXAME As prácticas pódense aprobar, ben por asistencia (85% das mesmas) ou ben realizando un exame final das mesmas. Aínda que non contribúen á nota final (0%), é necesario superalas para presentarse ao exame de problemas. Os alumnos repetidores non terán que volver realizar as prácticas. A convocatoria extraordinaria de Xullo réxese polos mesmos criterios que a ordinaria. Calendario de exames: - Convocatoria Fin de Carreira: 14/09/2017 - Convocatoria ordinaria 2º período: 14/05/2018 - Convocatoria extraordinaria Xullo: 29/06/2018 Esta información pódese verificar/consultar de forma actualizada na páxina web do centro: http://minasyenergia.uvigo.es/gl/docencia/exames |