Convocatoria Ordinaria A cualificación será o 70% a nota do exame de teoría, o 20% a nota do exame de prácticas, o 5% a memoria de resolución de problemas realizados en clase e o 5% a memoria da saída de campo. Con obxecto de facilitar unha avaliación continua faranse DÚAS PROBAS PARCIAIS OPTATIVAS que terán validez de exame final. Se se obtivese unha nota superior a 5, será a nota a considerar na nota final, promediando coas obtidas nos exames do resto da materia. Os alumnos que non superen algún dos parciais, ou aqueles alumnos que queiran presentarse para subir nota (solicitándoo previamente ós profesores), presentaranse a unha proba teórica final polo 70%. Para superar a materia é necesario que no exame final se obteña unha nota superior a 3,5 tanto na proba teórica como na proba práctica. Para poder examinarse en calquera das dúas convocatorias é necesario realizar as prácticas de laboratorio e entregar as súas correspondentes memorias e resultados, ou informes compensatorios. Tanto nas sesións de aula como de
laboratorio realizarase un seguimento do nivel de asistencia. Aqueles
alumnos que non alcancen un nivel de asistencia mínimo do 80%, non
poderán optar a superar a materia por avaliación continua. En caso de non ter cumprido coa
asistencia mínima durante o curso, a cualificación será o 100% a nota do
exame teórico-práctico. Convocatoria Extraordinaria Modalidades. A) Poderán preservarse as cualificacións da proba práctica, se a nota foi superior a 5, e as cualificacións das memorias da saídade campo e as prácticas de laboratorio. Os alumnos preséntanse unha proba teórica final polo 70% similar á da convocatoria ordinaria. B) En caso de non ter entregadas as memorias ou non ter cumprido coa asistencia mínima durante o curso, a cualificación será o 100% a nota do exame teórico-práctico. Para poder examinarse en calquera das dúas convocatorias é condición indispensable
realizar as prácticas de laboratorio e entregar as súas correspondentes
memorias e resultados, ou informes compensatorios, aínda que non computen na cualificación final. Alumnos repetidores NON se gardarán cualificacións dun ano para outro. Os alumnos repetidores que así o desexen poderán repetir as prácticas ou saída de campo facendo unha petición por escrito aos profesores. Calendario de exames: - Convocatoria Fin de Carreira: 15/09/2017 - Convocatoria común 2º período: 01/06/2018 - Convocatoria extraordinaria Xullo: 06/07/2018 Esta información pódese verificar/consultar de formaactualizada na páxina web do centro: http://minasyenergia.uvigo.es/gl/docencia/exames |