Prácticas autónomas a través de TIC |
Avaliaráse e puntuaráse a resolución dos test propostos despois de cada sesión maxistral e práctica.
Este apartado de traballo persoal puntuaráse sobre un máximo global de 3 puntos.
Será requisito necesario para obter puntuación neste apartado que o grupo de traballo ó que pertence cada alumno teña entregado alomenos 6 propostas de solución dos estudos de caso. |
30 |
|
|
C13 C19
|
D2 D3 D4 D5 D6 D11 D17 D18
|
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. |
Ó remate das partes II e III do programa da materia, en dúas sesións presenciais, proporáse un caso que o alumno deberá resolver de xeito individual e que permitirá avaliar o seu nivel de coñecementos e capacidade de argumentación e xustificación das decisións adoptadas.
A proba relativa ó IRPF puntuaráse cun máximo de 4 puntos e a relativa ó IS cun máximo de 3 puntos. |
70 |
|
|
C2 C3 C6 C13 C19
|
D1 D3 D4 D5 D6 D11 D16 D17 D18
|
Outras |
Rematada a docencia presencial, aqueles alumnos que non teñan superada a materia por avaliación contínua deberán realizar unha proba escrita que consistirá na resolución de casos prácticos de liquidación do IRPF e do Imposto de Sociedades. O alumno deberá resolver de xeito individualizado os casos propostos xustificando as decisións adoptadas.
Esta proba escrita final avaliaráse cunha puntuación máxima de 10 puntos. |
0 |
|
|
C2 C3 C6 C13 C19
|
D1 D3 D4 D5 D6 D11 D17 D18
|
Nesta asignatura realizaráse unha Avaliación Contínua do traballo realizado polo alumno. Para supera-la asignatura por Avaliación Contínua deben cumplirse dúas condicións: 1) Acadar alomenos un 25% da nota en xogo en cada un dos tres apartados puntuables: tests, proba IRPF, proba IS. 2) Obter alomenos 5 puntos na suma destes tres apartados puntuables (probas test e probas IRPF e IS). A non presentación a calquera das dúas probas presenciais escritas (IRPF e IS) suporá que o alumno deixa de ser avaliado en avaliación continua. Tamén sairá da avaliación contínua se non acada alomenos un 25% da nota en xogo en cada unha das tres probas realizadas (tests, proba IRPF e proba IS). A nota final por Avaliación Contínua será a suma das notas parciais obtidas ata ese momento. Aqueles alumnos que non teñan superado a materia por Avaliación Contínua terán a opción de presentarse a un examen final. Este examen valerá o 100% da nota, e a calificación obtida sustituirá á obtida en Avaliación Contínua. En caso de non presentarse, a nota será a obtida en Avaliación Contínua. |