IDIOMA: O estudante poderá elixir en que idioma, inglés ou castelán, desexa ser avaliado.
AVALIACIÓN CONTINUA
Para
optar ao sistema de avaliación contínua, o alumno deber asistir a un
mínimo do 80% das actividades programadas na materia. A
avaliación continua consta das probas que se detallan a continuación
nesta guía. Enténdese que o alumno opta pola
avaliación continua unha vez firme o documento de compromiso que se lle
ofrecerá durante as semanas 1-2, de forma que se poida comezar o
traballo nos grupos correspondentes. Unha vez asinado, entenderase
que o alumno se presentou á convocatoria e asignaráselle a
cualificación que resulte da aplicación do criterio que se detalla a
continuación
con independencia de que se presente ou non ao exame final.
Tipos e valoración de actividades:
- Realización
de informes/memorias de prácticas asociadas a cálculos con elementos
finitos (FEM), que se entregarán ao redor da semana 11 (25% da nota
final). - Realización de traballos tutelados de tipo práctico,
enfocados á aplicación dos métodos numéricos a problemas básicos
de deseño. (50% da nota final) - Proba de respostas curtas na semana 9 (10 % da nota final)
- Proba individual de problemas e exercicios prácticos (15 % da nota final).
O peso final das probas escritas e dun 25 % sobre a nota final.
Os
traballos tutelados desenvólvense en grupos. A determinación da nota
individual de cada compoñente do grupo realizarase mediante os
resultados de enquisas de avaliación cruzada entre os integrantes do
grupo. A nota final ponderarase segundo os resultados da avaliación. A
nota mínima necesaria para considerar que a contribución dun alumno ao
traballo do grupo é satisfactoria será de 2 sobre 5 puntos.
O
alumno debe demostrar a destreza suficiente en todas as competencias
avaliadas. Para iso debe obter polo menos 4 puntos de 10 en cada unha delas. A nota final obtida correspóndese á
suma ponderada cos pesos indicados nas avaliacións realizadas.
Para aprobar, o alumno debe obter polo menos cinco puntos na devandita nota
final. No caso de que algún alumno non superase os 4 puntos en todas as
competencias e a media ponderada superase os cinco puntos, se lle
asignará 4 puntos como resultado do proceso de evaluación contínua.
A segunda proba realizarase con antelación ao exame
final. O exame final constará de dúas partes, correspondentes coas
dúas probas escritas. O alumno que opte por avaliación continua, poderá
presentarse para subir nota á totalidade do exame final ou a aquela
proba na que desexe subir nota. Adicionalmente, os alumnos que
teñan menos de 4 puntos ou desexen subir nota nalgunha das partes
prácticas, deberán entregar na data do exame final aqueles traballos
adicionais que lles encargue o profesorado.
Unha
vez acadado o aprobado en primeira convocatoria, a cualificación obtida
considerarase definitiva sen opción a subir nota en segunda
convocatoria (fin de curso).
AVALIACIÓN NON CONTINUA
Se o
alumno non asina o documento de compromiso enténdese que será avaliado
a través dun único exame final na data oficial asignada polo
Centro. Este exame final será cualificado entre 0 e 10 puntos e incluirá
os contidos tratados en todas as actividades, ademáis dunha serie
de preguntas adicionais relacionados cos traballos prácticos e o
traballo en grupo, de forma que se demostre que
o alumno adquiriu as mesmas competencias que os que
optasen pola avaliación continua.
Para aprobar, o alumno debe obter polo menos cinco puntos.
CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA
O alumno que fose avaliado por Avaliación Continua poderá optar por:
- Realizar
de novo as probas escritas, conservando as cualificacións obtidas
nas actividades de avaliación continua (incluíndo os traballos
adicionais requiridos para superar os 4 puntos nas partes prácticas
en caso necesario), cos pesos comentados anteriormente. - Ser
avaliado cun único exame final na data oficial asignada polo
Centro. Este exame final será cualificado entre 0 e 10 puntos. O
exame final terá o mesmo contido que o exame de avaliación non continua, incluíndo as preguntas adicionais relacionados cos
traballos prácticos e o traballo en grupo de dentro dun proxecto. Non se valora
ningunha outra actividade realizada. Para aprobar o alumno debe
obter polo menos cinco puntos.
O alumno que NON fose
avaliado por Avaliación Continua: Será avaliado na convocatoria
extraordinaria, cun único exame final través dun único exame
final na data oficial asignada polo
Centro en exame con los mesmos criterios e contidos comentados no
apartado referido á avaliación non continua.