|
Descrición |
Lección maxistral |
Exposición por parte do profesor dos contidos da materia "Teledetección": fundamentos, bases teóricas, aplicacións, etc.
Se reserva para as sesións de grupo grande (A): 1 sesión á semana, 2 horas por sesión.
Con esta metodoloxía trabállanse as competencias CE65, CE66, CT2, e CG3. |
Prácticas de laboratorio |
Actividades de aplicación dos coñecementos a situacións concretas e de adquisición de habilidades básicas e procedimentales relacionadas coa materia obxecto de estudo.
Desenvólvense en laboratorios co equipamento adecuado.
Son dúas sesións presenciais de 2 horas cada unha: unha centrada en calibración de sensores (usando LEGO Mindstorm), e outra en termografía por infravermellos (aprendendo a manexar cámaras termográficas), a realizar en grupos medianos (B).
Con esta metodoloxía trabállanse as competencias CE65, CE66, CT4, e CG4.
|
Prácticas en aulas informáticas |
Actividades de aplicación dos coñecementos a situacións concretas e de adquisición de habilidades básicas e procedimentales relacionadas coa materia obxecto de estudo.
Desenvólvense en laboratorios con computadores.
Son cinco sesións de dúas horas cada unha:
1. Fundamentos de RADAR, mediante un xogo de computador deseñado especificamente, "RADAR Technology".
2. Procesado e Interpretación de imaxes satelitales, cun programa de procesado de imaxes, MultiSpec (abrangue catro sesións).
Con esta metodoloxía trabállanse as competencias CG4, CG7, CG9, CT4, e CT3.
|
Traballo tutelado |
O estudante, en grupo, realiza un proxecto de procesado e simulación de imaxes de teledetección.
O proxecto desenvólvese en grupos de 5 a 7 estudantes.
A interacción cos profesores será presencial con cinco reunións de unha hora, ocupadas en discusión e seguimento do proxecto.
De ser necesario, se plantearían sesións de tutorización ou seguimento adicionais.
Con esta metodoloxía trabállanse as competencias CG4, CG7, CG9, CT4, e CT3. |
Presentacións/exposicións |
Exposición por parte do alumnado ante
os docentes e o resto de estudantes do proxecto realizado en grupos pequenos (C).
Previamente, os estudantes deberán enviar por correo electrónico ao profesor de grupo C o código desenvolvido e un informe resumindo os resultados.
Estes traballos presentaranse como unha actividade de grupo A.
Con esta metodoloxía trabállase a competencia CG9.
|
Prácticas autónomas a través de TIC |
Actividades a realizar autónomamente con software facilitado a través da plataforma FaiTIC: "A Terra desde o aire/espazo", para aprender sobre puntos de vista.
Con esta metodoloxía trabállanse as competencias CE65 e CE66. |
Actividades introdutorias |
Actividades encamiñadas a tomar contacto e reunir información sobre o alumnado, así como a presentar a materia.
Para esta actividade se reserva unha hora presencial de grupo A, na que se presenta a materia, explícanse as prácticas de laboratorio e informáticas, e o que se espera dos traballos en grupo C.
Con esta metodoloxía trabállanse as competencias CE65, CE66, e CG4. |