1. Avaliación continua Seguindo as directrices propias da titulación e os acordos da comisión académica ofrecerase aos alumnos que cursen esta materia un sistema de avaliación continua. Enténdese que os alumnos que realicen unha proba parcial de teoría ou que asistan a 2 prácticas de laboratorio optan pola avaliación continua da materia. A materia divídese en tres partes: teoría (50%), práctica (35%) e traballo tutelado (15%). As cualificacións das tarefas avaliables serán válidas só para o curso académico no que se realizan. 1.a
Teoría Realizaranse 2 probas parciais de teoría (PT) debidamente programadas ao longo do curso. A primeira proba (PT1) realizarase en horario de teoría ao finalizar o tema 5. A segunda proba (PT2) realizarase o mesmo día que o exame final que se celebrará na data que estableza a dirección da Escola. As probas non son recuperables, é dicir, que se un estudante non pode asistir o día en que estean programadas o profesor non ten obrigación de repetilas. Cada proba parcial constará dun exame teórico cunha serie de preguntas tipo test e de desenvolvemento do temario. A nota de cada exame teórico (NET) valorarase de 0 a 10 puntos. Se se falta a un exame a súa nota será de 0 puntos. A asistencia a clase (AC) tamén se valorará de 0 a 10 puntos. A nota final de cada proba parcial (PT) calcularase coa expresión: PTi = min( { 10; (1+0,1·AC)·NETi } ) i=1,2. A nota final de teoría (NFT) será a media aritmética das notas das probas parciais: NFT
= (PT1 + PT2)/2 Para superar a parte de teoría será necesario obter polo menos 4,5 puntos de 10 en cada PT. Se se obtivo menos de 4,5 puntos de 10 na primeira proba parcial, o alumno poderá recuperar dita parte o mesmo día da segunda proba parcial de teoría. 1.b
Práctica Realizaranse 7 sesións de prácticas de laboratorio de 2 horas en
grupos de 2 alumnos. A parte práctica cualificarase mediante a
avaliación continua de todas as prácticas. Cada unha das prácticas
avaliarase unicamente o día da práctica.
A valoración da parte práctica farase de maneira individual para
cada membro do grupo. Terase en conta o traballo individual de
preparación previa, a asistencia e o traballo desenvolvido por cada
estudante durante as sesións no laboratorio. Cada práctica
valorarase cunha nota (NP) entre 0 e 10 puntos. A nota das prácticas
ás que se falte será de 0. A nota final das prácticas (NFP) será
a media aritmética das notas das prácticas: NFP = (NP1 + NP2 + NP3 + NP4 + NP5 + NP6 + NP7)/7 A asistencia a practicas e obrigatoria. Para superar a parte de
prácticas será necesario obter na nota final de prácticas polo
menos 5 puntos de 10, e o estudante só poderá faltar a 2 sesións
de laboratorio. As faltas deben ser debidamente xustificadas, en caso
contrario a nota final de prácticas será 0. 1.c
Traballo tutelado Na primeira sesión de titoría en grupo (horas tipo C)
presentaranse todas as actividades a realizar e asignarase o traballo
concreto a cada grupo de estudantes. A continuación, a meirande
parte do traballo do alumno será non presencial. O profesor seguirá
o desenvolvemento do traballo de cada grupo e o traballo individual
de cada alumno nas restantes sesións de titoría en grupo (horas
tipo C).
O traballo será avaliado en función da calidade dos resultados
obtidos, da presentación e análise dos mesmos, así como da
calidade da memoria final realizada. O prazo de entrega da memoria
será debidamente programado e informado polo profesorado da materia.
A nota do traballo tutelado (NTT) valorarase de 0 a 10 puntos. O
alumno que non entregue a memoria final do traballo dentro do prazo
indicado terá unha nota NTT = 0. Para superar esta parte NTT terá que ser de polo menos 5 puntos
de 10 e o estudante non poderá faltar a máis de 1 sesión. A falta
deberá ser debidamente xustificada. 1.d
Nota final da materia
Na nota final (NF), a nota de teoría (NFT) terá un peso do 50%, a nota de prácticas (NFP) do 35% e a nota do traballo tutelado (NTT) do 15%. Para aprobar a materia será imprescindible superar as tres partes: - a parte de teoría: NFT >= 5 con PT1>=4,5 y PT2>=4,5
- e a parte práctica: NFP>=5 e non faltar a máis de 2 sesións de prácticas.
- e a parte de traballo tutelado: NTT>=5 e non faltar a máis de 1 sesión de titoría en grupo.
Neste caso a cualificación final será a suma ponderada das notas de cada parte: NF = 0,50·NFT + 0,35·NFP + 0,15·NTT No caso de non superar algunha das tres partes, a nota final será a calculada usando a seguinte expresión: NF = min( { 4,5; 0,50·NFT + 0,35·NFP + 0,15·NTT } ) Para aprobar a materia será necesario obter unha nota final NF>=5. 2.
Exame final Os alumnos que non opten pola avaliación continua poderán presentarse a un exame final que constará dunha serie de actividades avaliables similares ás que se contemplan na avaliación continua. Así, nas datas establecidas pola dirección da Escola para a realización do exame final, os estudantes que non optasen pola avaliación continua deberán realizar unha proba teórica, unha proba práctica no laboratorio, e un traballo tutelado. Para presentarse á parte práctica e para a asignación do traballo tutelado o alumno debe apuntarse previamente seguindo o procedemento indicado polo profesorado con suficiente antelación. O exame teórico consistirá en dúas probas que constarán dunha serie de preguntas tipo test e de desenvolvemento do temario. Cada proba (PT) valorarase de 0 a 10 puntos e a nota final de teoría (NFT) será a media aritmética das notas das probas parciais: NFT = (PT1 + PT2)/2 Para avaliar a parte práctica teranse en conta os resultados obtidos na proba realizada no laboratorio. Esta proba consistirá na montaxe dalgúns dos circuítos tratados nas sesións de prácticas e nunha serie de preguntas de resposta curta e/ou tipo test acerca de devanditos circuítos. Esta proba práctica valorarase de 0 a 10 puntos e dita cualificación será a nota final de prácticas (NFP). O alumno tamén deberá facer un traballo tutelado e entregar unha memoria escrita do mesmo o día do exame final de teoría. Para avaliar o traballo tutelado terase en conta a calidade dos resultados obtidos, da presentación e a análise dos mesmos, así coma a calidade da da memoria final realizada. Este traballo valorarase de 0 a 10 puntos e dita cualificación será a nota final desta parte (NTT). O alumno que non entregue a memoria final do traballo dentro do prazo indicado terá unha nota NTT = 0. Para aprobar a materia será imprescindible superar as tres partes: - la parte de teoría: NFT >= 5 con PT1>=5 y PT2>=5
- y la parte práctica: NFP>=5
- y la parte de
traballo tutelado: NTT>=5
Neste caso a cualificación final será a suma ponderada das notas de cada parte: NF
= 0,50·NFT + 0,35·NFP + 0,15·NTT No caso de non superar algunha das tres partes, a nota final será a calculada usando a seguinte expresión: NF = min( { 4,5; 0,50·NFT + 0,35·NFP + 0,15·NTT } ) Para aprobar a materia será necesario obter unha nota final NF>=5. 3.
Segunda oportunidade de superar a materia Esta oportunidade terá o mesmo formato que o exame final: unha proba teórica, unha proba práctica no laboratorio, e un traballo tutelado. Celebrarase na data que estableza a dirección da Escola. Para presentarse á parte práctica e para a asignación do traballo tutelado o alumno debe apuntarse previamente seguindo o procedemento indicado polo profesorado con suficiente antelación. As notas das partes ás que non se presenten nesta segunda oportunidade serán as obtidas na avaliación continua ou no exame final do curso académico actual. Ademais, nesta ocasión os estudantes só poderán presentarse ás probas que non superaron na primeira oportunidade. O cálculo da nota final da materia realizarase tal e como se explica: - no apartado 1.d para os alumnos que optaron pola avaliación continua.
- no apartado 2 para os alumnos que non seguiron a avaliación continua.
|