A avaliación das competencias pertencentes a esta materia realizarase na medida do posible en todalas probas: de resposta curta, relatorios/memorias de prácticas, resolución de problemas, e traballos e proxectos Para aqueles que opten polo examen final (alternativa a avaliación continua), éste tenrá un valor do 100% da nota final e cubrirá todolos aspectos tratados nas clases maxistrales, de resolución de problemas, traballos en grupo e practicas de laboratorio. Encima indicase o procedento de avaliación continua. A cualificación repartirase a partes iguais entre - unha proba de teoría a base de preguntas curtas (25%) a realizar no día do examen final, - unha proba de exercicios numéricos curtos (25%) a realizar no día do examen final, - a realizacián das prácticas de laboratorio, a presentación das súas memorias individuais correspondentes e unha proba sobre as prácticas a realizar no exame final (25%), e - a realización dun traballo en grupo, memoria e a correspondente presentación do mesmo (25%) No caso de establecerse unha nota mínima nalgunha das partes que compoñen a avaliación e esta non fose superada, a nota final estará limitada pola dita nota mínima como máximo. A cualificación obtida nas prácticas de laboratorio e traballos en grupo serán válidas tan só para o curso académico no que se realizaren. Os alumnos que optaren pola avaliación continua deberán comunicalo o profesor durante as primeras semanas de curso. O alumno que optar pola avaliación continua deberá realizar todalas diferentes actividades: practicas de laboratorio e traballo en grupo, así como realizar todalas probas de avaliación das que consta o procedimiento de avaliación continua. Os alumnos que non seguiren o anterior so poderán ser avaliados mediante o examen final. Considerarase un alumno como "non presentado" se non seguíu a avaliación continua e non se presentou o examen final. Para a convocatoria de recuperación (xullo), conservaranse as cualificacións das prácticas de laboratorio e traballo en grupo dos estudiantes que teñan elexido a avaliación continua, tendose que examinar so das partes de teoría (proba de preguntas curtas) e de problemas (proba de exercicios numéricos curtos) e aparte de cuestións sobre as prácticas de laboratorio. |