Prácticas de laboratorio |
Durante as horas de titoría os docentes realizarán unha atención persoalizada ben de forma individual para fortalecer ou orientar ó alumno na comprensión dos conceptos teóricos explicados nas clases maxistrais ou nas sesións demostrativas de carácter práctico; e para corrixir ou reorientar os pequenos traballos prácticos opcionais derivados das devanditas clases de laboratorio, ou ben en grupo co seguemento do traballo asociado ó proxecto de certa envergadura que deben realizar con outros compañeiros. Nestas titorías en grupo –que teñen un compoñente de presencialidade obrigatorio (máis ou menos unha hora cada 15 días)– debateranse as solucións suscitadas polos compoñentes do grupo e revisarase e estimulará o feito de que exista unha participación uniforme dos mesmos no desenvolvemento final. |
|