Resolución de problemas e/ou exercicios |
Empréganse para avaliar a parte de Problemas. Superalas constitúe un requisito para aprobar a materia. Ver detalles no apartado doutros comentarios. |
100 |
|
B3 B4
|
C48 C49
|
D2 D3
|
PROCEDEMENTO DE AVALIACIÓN: A. Visión xeral
As competencias adquiridas avalíanse mediante unha serie de probas agrupadas en dous partes e con distintos requisitos de superación: - Probas de Prácticas : exames tipo test.
- Probas de Resolución de problemas: exames de problemas.
Para superar a materia é necesario superar as dúas partes. - Para cada parte realízanse varias probas para obter unha cualificación independente en cada unha delas.
- Hai probas de ambas as partes tanto durante o período de clases como nos períodos de avaliación final. En total hai tres oportunidades para superar cada parte ao longo do curso académico.
- Unha vez que se supera unha parte, a nota obtida mantense durante todo o curso académico.
- A nota de Prácticas é de 0 a 10. En caso de ser maior ou igual que 5 considérase que o alumno superou as prácticas. Ademais, se a nota é maior ou igual que 7, a nota de prácticas incrementará a cualificación da materia (ver detalles a continuación).
- A nota de Resolución de problemas é de 0 a 10.
- A Cualificación final da materia obtense, a grandes liñas, do seguinte modo:
- Se se superaron as dúas partes e a nota de Prácticas non supera o 7:
- Cualificación final= Nota de Resolución de problemas
- Se se superaron as dúas partes e a nota de Prácticas é maior que 7:
- Cualificación final= mínimo [10, Nota de Resolución de problemas + [ (Nota de Prácticas - 7)/3 ] ]
- Se non se superou algunha das dúas partes:
- Cualificación final= mínimo [Nota de Resolución de problemas, Nota de Prácticas]
- Como o alumno ten varias oportunidades ao longo do curso para presentarse tanto á Resolución de problemas como as Prácticas, é posible que teña varias notas en cada parte. Á hora de obter a Cualificación final sempre se emprega, en cada parte, a maior das notas que teña en dita parte.
Tamén é importante resaltar o seguinte: - Mediante avaliación continua pódese obter a máxima cualificación (10).
- Os alumnos que fixesen as probas de avaliación continua e que non superasen algunha parte, ao final do cuadrimestre ou ao final do curso, só é necesario que realicen dita parte.
- Considérase que o alumno se presenta a avaliación continua no momento no que realiza algún dos exames de Resolución de problemas.
Nos seguintes apartados explícase en detalle como se cualifica cada unha das partes.
*B. Detalles de cada parte avaliable
*B1.Probas de Prácticas - Obxectivo: Coñecer se o alumno adquiriu o conxunto de coñecementos e/ou destrezas correspondentes ás prácticas de laboratorio, facendo fincapé no emprego de MatLab para o procesado dixital de sinais.
- Materia que é obxecto de exame: O contido dos boletíns de prácticas de laboratorio e aqueles contidos de teoría que se especifiquen nos mesmos.
- Tipo de exame: Preguntas tipo test. Para a súa resolución poderase empregar MatLab, o enunciado da práctica do laboratorio e as anotacións que sobre ela realice o alumno e o libro de texto. Non se pode empregar calculadora.
- Cualificación: Nota de 0 a 10. Se se obtén polo menos un 5, supérase esta parte da materia. Se se obtén máis dun 7, a nota de Prácticas axuda a subir a nota final.
- Calendario: O alumno ten tres oportunidades para superar a parte de Prácticas:
- Oportunidade 1 (avaliación continua):
- Tres exames durante o período de clases.
- Faise un exame tipo test ao final de cada práctica na aula de grupo pequeno.
- Avalíase a práctica que se finalice na devandita sesión e todas as anteriores.
- En cada proba obtense unha nota entre 0 e 10. É obrigatorio presentarse ao tres exames. Se a media obtida é maior ou igual que 5, considérase que o alumno superou as prácticas.
- As datas exactas dos exames publicaranse na web da materia a principio de curso.
- Oportunidades 2 e 3: Un exame coincidindo coas datas dos exames finais do primeiro cuadrimestre e outra a final de curso (xuño-xullo). Considérase que o alumno superou as Prácticas con polo menos un 5 sobre 10.
- Consideracións particulares:
- Unha vez que se superaron as prácticas, a nota se garda para todo o curso académico.
- Mentres non se superaron, é posible presentarse a calquera do tres oportunidades especificadas.
*B2. Probas de Resolución de problemas- Obxectivo: Comprobar que o alumno adquiriu o conxunto de coñecementos e/ou destrezas da materia e sabe aplicalos á resolución de problemas.
- Materia que é obxecto de exame: Especifícase nas guías de cada tema no apartado de Contidos "que son materia de exame". Exclúense deste exame os coñecementos de MatLab.
- Tipo de exame: Exame de problemas. Non se poden empregar libros, nin apuntamentos. En cada exame especificarase se se pode usar ou non calculadora.
- Cualificación: Nota de 0 a 10. Esta parte supérase con polo menos un 5.
- Calendario: O alumno ten tres oportunidades para superar a parte de Resolución de problemas:
- Oportunidade 1 (avaliación continua): Tres exames durante o período de clases, na aula de grupo grande. Cada un cualifícase de 0 a 10.
- A nota de Resolución de problemas obtense como 0.25*NotaPrueba1+0.35*NotaPrueba2+0.4*NotaPrueba3.
- Proba 1: Temas 1 e 2. Sexta semana de curso.
- Proba 2: Temas 1 a 6. Décima semana de curso.
- Proba 3: Temas 1 a 8. Décimo cuarta semana de curso.
- As datas exactas das probas publicaranse na web da materia a principio de curso.
- Oportunidades 2 e 3: Un exame coincidindo coas datas dos exames finais a final de cuadrimestre e outro a final de curso (xuño-xullo).
- Consideracións particulares:
- Unha vez que se obtén unha nota de polo menos un 5, se garda para todo o curso académico.
- Mentres non se supera esta parte, é posible presentarse a calquera do tres oportunidades especificadas.
- Se se superou esta parte durante a avaliación continua, é posible presentarse a ela no exame de final de cuadrimestre para subir nota.
- Os alumnos que teñan que presentarse a final de curso (segunda oportunidade) pero que teñan superada a parte de Resolución de problemas, NON poden presentarse a esta parte para subir nota.
*C. Aclaracións e outras consideracións- Finalizado o curso os alumnos terán unha única nota da materia no seu expediente académico.
- Unha vez finalizado o primeiro cuadrimestre ponse a nota obtida polo alumno ata ese momento, que é definitiva se se trata dunha nota igual ou superior a 5 puntos.
- Se un alumno que non superou a materia no primeiro cuadrimestre, obtén unha mellor cualificación en xuño-xullo, esta nova nota será a que pase a constar no seu expediente. Se non é mellor, déixase a que tiña anteriormente. En todo caso esta nota pasa a ser definitiva.
- Os exames de avaliación continua non son recuperables.
- As notas obtidas nas partes de Prácticas, e Resolución de problemas son só válidas durante o actual curso académico.
- No caso de que nalgún dos exames da parte de Resolución de problemas permítase o uso de calculadora, só poderá ser unha calculadora científica convencional. NON se poden utilizar calculadoras que permitan o almacenamento de fórmulas, nin aquelas que dispoñen de librarías que realizan de forma automática operacións con números complexos, cálculo de raíces, etc.
|