Seguindo
as directrices propias da titulación ofrecerase aos alumnos que cursen
esta materia dous sistemas de avaliación: avaliación continua e avaliación ao final
do cuadrimestre. Avaliación continua A avaliación continua comprende
as seguintes tarefas que se realizarán, aproximadamente, na semana que se indica:.
- Traballos de aula: catro probas curtas realizadas en horario de prácticas
(semanas 4, 9, 12 e 14) cun peso de 5%, 5%, 5% e 10%,
respectivamente. - Probas de tipo test: dúas probas. A primeira a metade de cuadrimestre,
cun peso do 25% e a segunda ao final, cun peso do 10%. - Resolución de problemas: dúas probas. A primeira a metade de cuadrimestre,
cun peso do 20% e a segunda ao final, cun peso do 20%.
Estas tarefas
non son recuperables, é dicir,
se un alumno non pode cumprilas no prazo estipulado o profesor non
ten obrigación de repetirllas e só
serán válidas para o curso académico no que se realicen. Para superar a materia mediante
este sistema de avaliación é imprescindible obter 1/3 da cualificación
máxima de cada un dos tres apartados e alcanzar polo menos o 50% na
cualificación final (suma dos tres bloques). O estudante deberá decidir se
opta pola avaliación continua no momento da entrega da primeira proba
de resolución de problemas; nese caso recibirá a cualificación que lle
corresponda ao sumar o tres apartados, independentemente de que se presente
ao resto de probas ou non. Non presentarse a esta proba implica que se opta pola
avaliación mediante exame final. Se, unha vez completada a avaliación
continua, alcánzase unha nota superior ao 50% na cualificación final pero non
se superou o 1/3 mínimo requirido nalgún dos bloques, a
cualificación oficial será de 4,5. Avaliación mediante exame
final Ademais do sistema de avaliación
continua descrito anteriormente, o alumno pode optar por realizar un único
exame final que terá tres partes: - Primeira parte: cuestionario sobre as prácticas de medidas (10%) e exercicio
de procura de información (5%). - Segunda parte: proba de cuestións (35%).
- Terceira parte: resolución de problemas (50%).
Segunda oportunidade Consistirán nun exame final con tres
partes como as descritas no apartado anterior. Os estudantes que optaron polo
sistema de avaliación continua poderán conservar a nota dos apartados (traballos
de aula, test ou problemas) nos que superasen o mínimo esixido. Para superar a materia é
necesario obter en calquera dos sistemas de avaliación e convocatorias,
polo menos, un 50% na cualificación total. |