EVALUACIÓN A materia divídese en
dúas partes: Teoría e Práctica. Considérase: - A media harmónica de A e B como
MH(A,B) = 2*A*B/(A+B). Si A=B=0, entón MH(A,B)=0. - A Media aritmética de A e B como
MA(A,B)= (A+B)/2 Para o cálculo das notas entre dúas
partes distintas (A e B) empregamos a Media Mixta MM(A,B), que segue a seguinte
forma: Se A >= 5 e B >=5 entón MM(A,B) =MA(A, B)
se non { Se
MH(A,B) > 3 entón MM(A,B) = MH(A,B) Se non MM(A,B) = MA(A,B), max. 3 (i.e. se
MA(A,B)>3 entón MM(A,B)=3) } Noutras palabras, a MM
de A e B é a media aritmética se A e B son maiores o iguais ca 5. Se non, é a
media harmónica, salvo que esta sexa menor ca 3, neste caso aplicarase a media
aritmética cun valor máximo de 3. A nota final da materia (NF)
calculase en función da nota de Teoría (NT) e da nota de Práctica (NP): NF = MM(NT, NP) Para aprobar a materia,
NF deberá ser maior ou igual a 5. Cada parte da materia
poderase avaliar de forma continua (AC) ou por exame final (EF). O EF realizarase nas
horas fixadas oficialmente e constará de dúas partes: Teoría e Práctica. A avaliación continua
consta das tarefas que se detallan nesta guía e non son recuperables, e dicir,
se un alumno non pode cumprilas no prazo estipulado, o profesor non ten a
obriga de repetilas. Se unha das partes
(Teoría ou Práctica) se aproba na convocatoria de Final de Cuatrimestre,
conservase a nota para a convocatoria de recuperación, na que o alumno só se
deberá examinar da outra parte. Se o alumno fixo AC, na parte que queda
pendente, consérvanselle as notas obtidas. A puntuación obtida nas
tarefas avaliables será válida tan só para o curso académico no que se
realicen. TEORÍA A parte de Teoría
divídese en dúas partes: T1 e T2. T1 cubre aproximadamente o 66% do temario
(ata o tema 5 incluído), e T2 o 100% do temario. As clases de teoría
impartiranse mediante Clase Inversa Mixta, consiste en que á semana, unha hora
de clase farase mediante a visualización de vídeos fora da aula, e a outra hora
de clase na aula usarase para resolver dúbidas, realización de problemas e
avaliación. * AVALIACIÓN CONTINUA
(AC) Na AC de Teoría o alumno
realizará exercicios curtos (10-15 minutos) durante a hora de clase semanal. A
nota da parte T1 e T2 será a media aritmética correspondente os exercicios de
cada unha das partes (aproximadamente 7 e 5, respectivamente). Non se realizará
ningún exercicio no calendario de exames: tódolos exercicios serán realizados
na clase. Se un alumno non pode asistir a algún deste exercicios, no se lle
repetirá. A nota de Teoría mediante AC é a
media mixta da nota de estas dúas partes, NT =MM(T1, T2) Se un alumno suspendese
a teoría, pero aproba unha das partes (T1 ou T2), conservaráselle a nota da
parte aprobada e poderá presentarse só a recuperación da parte suspensa. Se
suspende as dúas partes deberá presentarse o exame final. * EXAME FINAL DE
CUATRIMESTRE Todo alumno, seguise ou
non a AC, pode presentarse ó Exame Final. Se seguiu a AC, poderá descarta os
resultados obtidos nela e presentarse ó exame final. En tal caso, a nota válida
será a de EF, anulando a nota que se tivese obtido anteriormente na AC. Se seguiu a AC e
suspendeu a teoría, pero aprobou unha das partes (T1 ou T2), poderá presentarse
unicamente a parte suspensa, anulando a nota obtida na AC e conservando a da parte
aprobada. A nota de teoría e igual ca no caso da AC: NT=MM(T1, T2). O EF consta de dous
exercicios T1 e T2 a realizar en 90 minutos máis un
exame tipo test (TEST) sobre todo o contido da materia a realizar en 20
minutos. A nota total será: NT=0,8*MM(T1, T2) + 0,2*TEST Os alumnos que no realizaran AC,
terán que presentarse a todo o exame FINAL (T1, T2 y TEST). * EXAME DE RECUPERACIÓN O Exame de Recuperación
de teoría ten a mesma estrutura que o Final de Cuatrimestre . Se o alumno non realizou
AC, terá que presentarse tanto a T1 coma a T2 e TEST independentemente das
notas obtidas no Final de Cuatrimestre en cada proba. Se optou por a AC, o
alumno pode presentarse a todo o EF anulando a nota que tivese obtido na AC. Se seguiu a AC e
suspendeu a teoría, pero aprobou una das partes (T1 ou T2), poderá presentarse
unicamente a parte suspensa, anulando a nota obtida na AC e conservando a da
parte aprobada. A nota de teoría será igual ca no caso da AC: NT=MM(T1, T2). PRÁCTICA * AVALIACION CONTINUA. A parte de Práctica en
AC consta de 3 exercicios: P1, P2 e P3. P1 tratará de SIMPLEZ, P2 de ALGORITMEZ
Básico (sobre o 60% do temario) e P3 sobre ALGORITMEZ Completo (100% do
temario). Os exercicios realizaranse no laboratorio e durarán aproximadamente 1
hora. P1 será sobre a 4ª semana, P2 sobre a 8ª e P3 o día do exame final (este
exame será distinto para os que decidan continuar por AC ou para os que decidan
presentarse unicamente a EF). P1 e P2 realizaranse en quendas de tarde. Así mesmo faranse en
cada quenda de laboratorio exames curtos (duración aproximada de 30 minutos)
aproximadamente as semanas 2, 6 e 10, respectivamente E1, E2 e E3. A nota de AC de Práctica é a media
ponderada dos 3 exercicios prácticos e dos 3 exames curtos: NP=0,07*E1+0,15*P1+0,08*E2+0,27*P2+0,09*E3+0,34*P3 * EXAME FINAL DE
CUATRIMESTRE Todo alumno, haxa ou non
seguido a AC, pode presentarse ao Exame Final. Se seguiu a AC, poderá descartar
os resultados obtidos nela e presentarse ao Exame Final. En tal caso, a nota
válida será a do EF, anulando as notas que tivese obtido anteriormente na AC. O EF de Práctica
consistirá nun exercicio sobre ALGORITMEZ a realizar no laboratorio en 1 h
(aproximadamente). A Nota de Práctica neste
caso é a nota do EF. * RECUPERACIÓN A convocatoria de
recuperación consistirá nun exame similar ao Exame Final de Cuatrimestre. CUESTIÓNS XERAIS Tódalas notas e tódolos
exercicios e exames realizados en teoría e en prácticas son puntuados de 0 a
10. ACTAS: Todo alumno que
se presente a algún dos exercicios de AC, tanto de prácticas coma de teoría,
considéranse como presentados e a súa nota será o resultado de aplicar as
correspondentes formulas. EXAMENES: Para poder
realizar calquera exame de teoría (T1 e T2 e EF) ou de práctica (P1, P2, P3 e EF),
incluíndo os de recuperación, todo estudante haberá de inscribirse a través da
correspondente ferramenta informática, para o cal se avisará cun prazo mínimo
de 5 días naturais. NOTAS: Antes da
realización ou entrega dun exercicio, ou da realización dun exame, indicarase a
data e procedemento de revisión das cualificacións obtidas que serán públicas
nun prazo razoable de tempo. COMUNICACIÓNS COS
ALUMNOS: Tódalas comunicacións referentes a asuntos da organización docente
realizaranse a través das ferramentas informáticas empregadas na materia,
principalmente FAITIC, BeA e correo electrónico. Entendese que tódolos alumnos
leen o seu correo electrónico (consignado en FAITIC) ao menos unha vez o día. CÓDIGO ÉTICO: Esperase
de tódolos alumnos que teñan un comportamento ético en tódalas probas de
avaliación, garantindo a igualdade de oportunidades para tódolos alumnos. En
caso de detectares unha infracción de dito comportamento ético nalgunha proba
particular, a puntuación obtida nesa proba será automaticamente dun cero (0) e
emitirase un informa a Dirección da Escola para que tome as medidas oportunas.
|