O obxectivo da materia é achegar coñecementos sobre a construción de edificios e plantas industriais, tipoloxías, materiais empregados, así como as normativas de referencia así como o proceso de solicitude de licenzas e permisos en base aos condicionantes urbanísticos. Analizaranse os condicionantes de deseño, implantación e construción de plantas industriais, achegando ao alumno as capacidades para a toma de decisións no proceso construtivo. Empregaranse ferramentas informáticas para o deseño e implantación de plantas industriais