Código |
Descrición |
A2 |
Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo. |
A3 |
Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos. |
A4 |
Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións -e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan- a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades. |
B5 |
Coñecementos de sistemas de información para a dirección, organización industrial, sistemas produtivos e loxística e sistemas de xestión de calidade. |
B7 |
Coñecementos e capacidades para a dirección integrada de proxectos. |
C9 |
Coñecementos e capacidades para recompilación e síntese de grandes cantidades de datos e a súa conversión en información. |
D1 |
Aplicar os coñecementos adquiridos e resolver problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos e multidisciplinares. |