Código |
Descrición |
A1 |
Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, adoito nun contexto de investigación. |
A2 |
Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo. |
A4 |
Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións, e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan, a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüidades. |
A5 |
Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun xeito que terá que ser, en grande medida, autodirixido e autónomo. |
B4 |
Capacidade de análise e síntese e de resolver problemas e tomar decisións con iniciativa, de xeito creativo e con razoamento crítico, a partir de información que pode ser incompleta ou limitada |
B5 |
Destreza na aplicación de ferramentas informáticas no ámbito da enxeñaría |
C3 |
Habilidade para a redacción e interpretación de documentación técnica |
C7 |
Destreza no manexo de ferramentas de software aplicables a procesos de deseño e fabricación de produtos |
C9 |
Habilidade para utilizar técnicas de simulación como axuda á toma de decisión nos procesos de deseño e fabricación |
C13 |
Coñecemento de técnicas e capacidade para o modelado de sistemas, células e liñas de fabricación |
D1 |
Capacidade para Planificar, organizar e desenvolver estratexias nos procesos de deseño e fabricación. |
D3 |
Habilidade para a Toma de Decisións |
D6 |
Capacidade de aprendizaxe continuado, tanto dirixido como autónomo |