1. O alumnado poderá elixir un dos seguintes sistemas de avaliación
na convocatoria de Maio/Xuño de 2018: 1.A Avaliación Continua: - Para a avaliación da docencia teórica realizarase unha proba tipo
test, que terá un peso do 50% na nota final. - Para a avaliación da parte práctica realizaranse exercicios
prácticos. O primeiro correspondente aos temas I e II. O segundo,
correspondente aos temas III e IV na última sesión presencial. En conxunto
terán en total un peso do 50% na nota final. - As probas anteriores levaránse a cabo en sesións de docencia
presencial. - Para aprobar a materia é necesario conseguir un mínimo de 5 puntos
(nunha escala de 0 a 10) ao promediar ambas avaliacións e conseguir un mínimo
de 4 puntos (nunha escala de 0 a 10) en cada unha delas. 1.B Avaliación non Continua: - O sistema de avaliación desta convocatoria constará dunha proba de resposta
curta para a parte teórica e outra proba para a parte práctica de resolución
de exercicios (usando un programa informático). - A nota de cada proba terá un peso do 50% na nota final. As
probas anteriores levaránse a cabo na data oficial que se fixe para esta materia
na convocatoria de Maio/Xuño de 2018. - Para aprobar a materia é necesario conseguir un mínimo de 5 puntos
(nunha escala de 0 a 10) ao promediar ambas probas e conseguir un mínimo de 4
puntos (nunha escala de 0 a 10) en cada unha delas. 2. A avaliación
na convocatoria de Xullo de 2018 e sucesivas levaránse a cabo nas datas oficiais da forma seguinte: - Realizarase unha proba de resposta curta para a avaliación da
docencia teórica e unha proba para a parte práctica de resolución de exercicios
(usando un programa informático). A nota de cada proba terá un
peso do 50% na nota final. - Para aprobar esta materia é necesario conseguir un mínimo de 5 puntos
(nunha escala de 0 a 10) ao promediar ambas probas e conseguir un mínimo de 4
puntos (nunha escala de 0 a 10) en cada unha delas. |