Probas de resposta curta |
Exame escrito (8 puntos). Realizarase un exame parcial co contido teórico e práctico do primeiros seis temas da materia e unha proba final na data oficial establecida no calendario de exames.
A proba final constará de dous partes (a primeira corresponderase cos temas do un ao seis e, a segunda, cos restantes) cada unha das cales se valorará sobre 4 (o alumno debe obter como mínimo 1,5 puntos en cada parte, senón estará suspenso, sendo necesario obter 4 puntos ou mais para aprobar o exame e poder sumar esta nota á avaliación continua). A nota do exame obterase da media aritmética simple das cualificacións alcanzadas en cada parte. Esta nota sumarase á avaliación continua (se se cumpren os requisitos anteriores) e apróbase cunha nota de 5 puntos ou mais.
O alumnado que supere o exame parcial, só terá que examinarse, na proba final, da segunda parte que se corresponde cos temas restantes. O estudante que non supere o exame parcial terá que examinarse de toda a materia na proba final. |
80 |
Resolución de problemas e/ou exercicios |
Realizaranse, polo menos, dúas probas escritas ao longo do cuadrimestre. Cada unha destas probas valorarase, como máximo, con 1 punto. |
20 |
Os alumnos que acceden a cursar estudos de 1º GADE na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Vigo, Campus Vigo na Convocatoria de Setembro, poderán ser avaliados das materias do primeiro cuadrimestre mediante o sistema de avaliación continua ou mediante exame final que permita alcanzar a máxima puntuación. Prevalecerá, por tanto, a nota do exame como cualificación final, se esta fose superior á que se obtería mediante o sistema de avaliación continua.
A cualificación do estudiantado que non se presenta ao exame será a que obtivese por avaliación continua.
Para aprobar a materia será preciso obter unha nota final igual ou superior a cinco puntos.
A nota obtida na avaliación continua (20% da nota final) poderase manter para todas as convocatorias do ano académico 2017/18.