A evaluación do alumno realizarase do seguinte xeito: - Exame final (70% da nota final, 7 puntos). Realizarase un único exame ao final do cuadrimestre, que constará dunha parte teórica y unha parte práctica. Para superar o examen será necesario obter unha nota igual ou superior a 3,5 puntos e, como mínimo, o 40% da nota asignada a cada parte. - Traballos realizados en grupo e individualmente nas prácticas de xeito presencial (30% da nota final, 3 puntos). Para superar a materia, é necesario cumprir dúas condicións: superar o exame final e acadar un mínimo de 5 puntos na materia. No caso de superar o exame, a nota final da materia resulta da suma da nota acadada no exame y da nota dos traballos realizados nas prácticas de xeito presencial. No caso de non superar o exame, a nota final da materia será a resultante de expresar a nota do exame nunha escala de 10 puntos. Antes da revisión do exame, procederáse á súa corrección pública, na que se explicarán os criterios de puntuación. No caso de que non poida ser realizada a corrección pública, facilitaráse unha copia resolta do exame para ser consultada durante a revisión. A segunda convocatoria rexirase polas mesmas normas. Os alumnos que asistan a dúas ou máis prácticas e non se presenten a ningún exame serán calificados como suspensos na segunda convocatoria e a súa nota será a das prácticas nunha escala de 10 puntos tendo en conta que as prácticas supoñen o 30% da nota final. As datas dos examen deberán ser consultadas na páxina web da Facultade: http://fccee.uvigo.es/organizacion-docente.html |