A materia Historia Económica Mundial ten por obxecto iniciar aos estudantes de Economía no estudo do longo prazo e das grandes transformacións na organización económica das sociedades humanas, co fin de comprender cómo foronse conformando as bases da economía actual.
Ofrece una visión panorámica dos cambios económicos, industriais e organizativos ao longo da historia, usando ferramentas teóricas e empíricas tanto da economía como de outras ciencias sociais próximas. Así, ten por obxeto analizar o desenvolvemento da economía internacional e as grandes fases do crecemento económico moderno. Observar e analizar os efectos de acontecementos cruciais sobre a realidade socieconómica.
– Investigar as implicacións dos cambios nas institucións económicas de carácter global —por exemplo, o patrón ouro, os bloques comerciais, FMI, ou a OMC— e os efectos do cambio tecnolóxico a curto, medio e longo prazo.