2. A CUALIFICACIÓN FINAL na 2ª OPORTUNIDADE
rexerase polas seguintes normas: 2.1. Se na avaliación dalgún dos tres tipos de
tarefas realizadas no curso (traballo tutelado, resumos e exercicios de
aplicación) non se acadou o nivel de aprobado, deberán reelaborarse para seren
cualificadas de novo coas mesmas porcentaxes que na primeira oportunidade. 2.2. As tarefas que teñan acadado o nivel de
aprobado na 1ª oportunidade tamén poderán reelaborarse, se así o decide o
estudante. En caso contrario, nesta 2ª oportunidade manterase a cualificación
que obtiveron na 1ª. 2.3. As tarefas que non se teñan presentado na
1ª oportunidade deberán elaborarse para seren avaliadas nesta 2ª oportunidade
coa mesma porcentaxe da cualificación final que se lles asigna na 1ª. 2.4. Na avaliación da 2ª oportunidade tamén se
terá en conta a cualificación obtida na 1ª por asistencia, participación e
desempeño, que corresponde ao 10% da cualificación final. Aos estudantes que
non teñan cualificación neste apartado por ausencias xustificadas ou por
dispensa de asistencia, o 10% correspondente integraráselles na nota do
traballo tutelado (que, deste xeito, equivalerá ao 50% da cualificación final). |