Esta materia constitúe unha introdución aos fenómenos cognitivos e mailo procesamento lingüístico. O obxectivo principal é investigar como a mente humana (e, en último termo, o cerebro) almacena e emprega a lingua en liña. A materia proporciona ao alumnado o coñecemento básico sobre a realidade psicolóxica da linguaxe e do xeito no que a mente fai uso (ou non) do coñecemento gramatical no emprego habitual da lingua.